Rede XIANA

Noticias

atrás

22.03.2012

FORTALECEMENTO DO TRABALLO EN REDE

Ata o vindeiro 19 de abril, estanse a desenvolver os grupos de traballo para a implementación da estratexia de mellora continua do proxecto.

O obxectivo destes grupos, consiste en identificar liñas de mellora na xestión do proxecto a través dunha retroalimentación productiva entre os diferentes axentes que interveñen na súa execución.

Así os grupos consisten na realización de dous Círculos de Calidade, dous Equipos de Mellora, un Panel de Expertos e 3 Círculos de Emprego.

As temáticas a abordar nas distintas sesións, están relacionadas co proceso de selección das persoas beneficiarias, a comunicación e coordinación dentro da rede de traballo do proxecto, o intercambio de experiencias e boas prácticas nos servizos públicos e a responsabilidade social como unha ferramenta mais de cara a inserción sociolaboral.

Ao remate de cada sesión de traballo, elaborarase un informe de conclusións e unha vez finalizado o ciclo de grupos previsto, elaborarase un plan de acción con todas as conclusións  para poñer em marcha as melloras identificadas, o seu seguemento e eficacia.  

© rede XIANA 2009 |  aviso legal