Rede XIANA

Noticias

atrás

12.02.2010

Un proxecto con Calidade, para unha formación de calidade.

O proxecto rede Xiana xestiónase conforme a un Sistema de Xestión de Calidade (SXC) cuxo alcance abarca a xestión de proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Estes proxectos son promovidos polo Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea da Deputación da Coruña.

Este sistema ten como obxecto que a prestación de servizos a través dos proxectos cumpra cos requisitos normativos establecidos, así como cos recollidos na norma UNE-EN-ISO 9001:2008. Por outra banda, perséguese a consecución dunha crecente satisfacción das persoas beneficiarias dos proxectos convertendo as súas expectativas e necesidades en requisitos do sistema.

O SXC está certificado pola Axencia Española de Normalización e Certificación (AENOR) conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008. A consecución desta certificación confirma as boas prácticas da Deputación da Coruña na posta en marcha e desenvolvemento deste tipo de proxectos, ao mesmo tempo que ratifica o seu compromiso coa mellora continua e o traballo en termos de calidade en todas as actividades a levar a cabo dentro do marco do proxecto, incluíndo tanto as que conforman os servizos prestados ás persoas beneficiarias coma as de carácter interno de xestión e execución.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal