Rede XIANA

Noticias

atrás

12.02.2010

Balance do primer ano de rede XIANA

As actuacións levadas a cabo no marco do proxecto durante o ano 2009, permitiron formar a máis de 300 persoas de distintos concellos do ámbito provincial.

As actuacións levadas a cabo no marco do proxecto durante o ano 2009, permitiron non só formar a máis de 300 persoas de distintos concellos do ámbito provincial na prestación de servizos de atención a persoas, senón tamén ofrecerlles unha oportunidade de práctica laboral en entidades e empresas colaboradoras co proxecto.

As persoas usuarias ampliaron as súas perspectivas laborais grazas, en grande medida, a esta formación teórico- práctica e a un asesoramento laboral personalizado desenvolvido por axentes especializados situados en distintos concellos da provincia.

Por outra banda, durante este primeiro ano de vida de rede Xiana, puxéronse en marcha distintos mecanismos para a recollida de información e análise do estado actual do mercado laboral e a estrutura social que permiten adecuar os obxectivos do proxecto á constante evolución da realidade laboral e empresarial, así como outros instrumentos de seguimento e avaliación que posibilitan o control do grao de cumprimento dos obxectivos fixados.
 

Os resultados obtidos son froito da implicación e responsabilidade das persoas beneficiarias do proxecto, do traballo coordinado entre a Deputación e o persoal técnico dos concellos participantes e tamén grazas ao cofinanciamento do Fondo Social Europeo, que poñen ao dispor da cidadanía, unha serie de recursos económicos, materiais e humanos que son xestionados baixo os parámetros dun sistema de xestión de calidade conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

Para esta anualidade 2010 formúlanse novos retos encamiñados a facilitar e apoiar a capacitación de persoas desempregadas e incrementar as súas posibilidades de inserción laboral e mellorar a súa calidade de vida.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal