Rede XIANA

Noticias

atrás

12.02.2010

Novos cursos na rede XIANA

O proxecto rede Xiana está a traballar na próxima posta en marcha das accións formativas para a anualidade 2010.

A compoñente ambiental na vertente de enerxías renovables é un dos eixes para este novo período, xunto con outras accións relacionadas con actividades de venda e panadaría e bolaría.

Ademais o proxecto ofrece formación complementaria para as persoas que participen nalgún dos cursos previstos. Esta formación consiste en proporcionar ás persoas formadas a través do proxecto, ferramentas clave para a inserción, como son a capacidade de mobilidade e o asesoramento empresarial, mediante a impartición de cursos de apoio á obtención do carné de conducir tipo B e creación de empresas.

A planificación das accións formativas adáptase ás demandas do mercado laboral e á cambiante realidade social, coordinándose con outras liñas de actuación levadas a cabo por outras administracións de distintos niveis en materia de emprego.

Neste senso, o proxecto ten prevista a posta en marcha de cursos de apoio á obtención do certificado de profesionalidade para persoas participantes naquelas accións formativas do proxecto que teñan recoñecido o Certificado de Profesionalidade correspondente ou algún módulo de competencia profesional

O obxectivo consiste en capacitar e orientar a estas persoas no procedemento de recoñecemento das competencias profesionais establecido no Real decreto  1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

En breve publicaranse nesta web, os prazos de inscrición e entrega de documentación para participar no proceso de selección dos cursos rede Xiana 2010.

As persoas interesadas poden recibir máis información nas Áreas de Emprego ou Servizos Socias dos concellos nos que estén empadroadas.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal