Rede XIANA

Noticias

atrás

02.03.2012

DA COMEZO O PERÍODO DE PRÁCTICAS NON LABORAIS

Inicia o período de prácticas non laborais nas accións formativas de Operario/a de Almacén.

35 persoas participantes nas  tres edicións desenvolvidas na provincia e nas sedes de Ames, Pontedeume e Toques, inician o próximo día 5 de marzo o desenvolvemento das prácticas profesionais non laborais en empresas do tecido local, alternándoas coa formación teórica.
Ademais da práctica adquirida na aula_taller no manexo e conducción de equipos de desprazamento de cargas, esta fase de prácticas desenvólvese nun ámbito productivo real onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades productivas e as funcións propias do perfil profesional e coñecer a organización dos procesos productivos ou de servicios e as relacións laborais.
O alumnado poderá demostrar as competencias adquiridas en empresas líderes como ALMACENES MARIÑA, BRICOKING SA, CANLEMAR SL, EME INVERSIA, FEIRACO SCG, GADISA_IFA, GERMANIA SL, GST TELECOMUNICACIONES SL, JIM SPORTS TECHNOLOGY SL, KIFORT SL, MADERAS LAMELA SA, MALASA SL, o PHOTON MUNDIAL SL entidades que apoian ao proxecto Rede XIANA a través dos acordos de participación. Trátase dun momento clave na formación, no que moitas das empresas e entidades que forman parte desta rede de traballo, pasan de ser colaboradoras de prácticas a converterse en  empregadoras destas persoas.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal