Rede XIANA

Noticias

atrás

01.03.2012

RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CALIDADE DO PROXECTO

Superada con éxito a auditoría de renovación do certificado de calidade conforme á Norma UNE-EN-ISO 9001:2008, do Sistema de Xestión de Calidade do proxecto Rede XIANA.

A Deputación da Coruña acaba de obter unha avaliación conforme na auditoría de renovación do Certificado de Calidade conforme á Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 do Sistema de Xestión de Calidade do proxecto, realizada pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR).

Deste xeito, tal e como especifica a norma correspondente, o certificado, cuxo alcance é a Xestión de Proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo terá validez para outros  3 anos.

Durante este período, ao igual que se vén facendo ate o de agora, realizaranse anualmente auditorías de seguemento do sistema, tanto a nivel interno coma externo.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal