Rede XIANA

Noticias

atrás

02.01.2012

NOVOS CURSOS REDE XIANA 2012

Para a anualidade 2012 están previstas novas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas que xa participaran nos cursos desenvolvidos nas anualidades 2009 e 2010 no marco do proxecto REDE XIANA

O vindeiro 9 de xaneiro, poñense en marcha 11 Obradoiros de Empregabilidade nos concellos de Cedeira, Ares, Cabanas, Curtis, Santiso, Oleiros, Ames, Vedra, Ordes, Carnota e Boiro. Cada obradoiro ten unha duración total de 300h, das cales só 20 terán carácter presencial obrigatorio e o resto distribúense en 35 sesións de traballo e titorización por persoa participante (2 presenciais obrigatorias e as demáis poderán ser vía telefónica, informática ou presencial). O obxectivo que perseguen é mellorar os niveis de empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego, utilizando como base o autodiagnóstico individual e o entrenamento en habilidades para a mellora do seu perfil persoal e profesional.

 

Seguindo a programación do proxecto para esta anualidade, a partires do 6 de febreiro, inicianse tres cursos de Operario/a de Almacén que se desenvolverán nos concellos de Pontedeume, Toques e Ames. Os cursos teñen unha duración total de 400h, das cales 200h son de formación teórica e 150h van dirixidas á formación práctica que será realizada en entidades e empresas da provincia da Coruña. A realización do curso, permitirá ás persoas participantes obter a formación necesaria en técnicas de almacenamento, distribución e manipulación de mercancías, manexo e conducción de equipos de desprazamento de cargas, loxística e xestión dun almacén,  prevención de riscos e saúde laboral, etc. Ademáis a todas as persoas participantes tramitaráselle a Tarxeta Profesional da Construcción.

 

O prazo de inscripción para ambas accións está aberto. Poderase obter máis información nas áreas de emprego ou de servizos sociais dos concellos adheridos ao proxecto.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal