Rede XIANA

Noticias

atrás

28.10.2011

XORNADA TÉCNICA DO PROXECTO REDE XIANA

O vindeiro venres 4 de novembro, no Pazo de Mariñán realizarase unha xuntanza de traballo da rede técnica do proxecto, da que forman parte todos os concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes.

A xornada está dirixida aos responsables municipais dos concellos adheridos ao proxecto e nela realizarase un balance dos resultados obtidos ata o momento e poñeranse en común as novas actuacións previstas ata marzo de 2012.

Inaugura a xornada Diego Calvo Pouso, Presidente da Deputación da Coruña que incidirá no compromiso asumido pola entidade provincial a favor da inserción laboral a través da implementación de proxectos de fomento do emprego.

Ademáis de tratar aspectos de carácter técnico relacionados coa execución do proxecto da man do persoal da Unidade de Xestión de Proxectos da Deputación Provincial, inservirá Mª Xesús Budiño Fernández, Subdirectora Xeral de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que explicará o sistema de acreditación oficial das competencias profesionais necesarias para desenvolver unha actividade laboral e acercar os certificados de profesionalidade á realidade do mercado.

Por último presentarase o proxecto REDE XIANA2, recentemente aprobado polo Ministerio de Política Territorial e Administración Pública e que tomará o relevo a REDE XIANA nunha aposta firme da Deputación da Coruña de traballar por reducir os niveis de desemprego nos concellos da provincia e contribuir así a mellorar a calidade de vida da súa poboación.

O programa da xornada pode consultarse no seguinte enlace

 http://www.redexiana.org/adjuntos/cEnlacesDescargas/117_2_xornada.pdf

As inscripcións realizaranse enviando nome, apelidos, concello de procedencia e cargo/posto ocupado ao enderezo redexiana@dicoruna.es ata o mércores 2 de novembro.

 

 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal