Rede XIANA

Noticias

atrás

19.09.2011

Proceso de contratación

Abriuse o proceso de contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento e execución de obradoiros de empregabilidade 2011 no marco da modificación e prórroga das actuacións do proxecto Rede XIANA cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O obxecto principal desta actuación é fomentar as iniciativas persoais e locais xeradoras de emprego, tanto por conta allea como a través do autoemprego. Como obxectivo mais específico busca que as persoas participantes a través do uso das técnicas de coaching e formación_acción, conciban e materialicen o seu propio proxecto de emprego.

O prazo de presentación de ofertas é ata as 13:00 horas do próximo día 14 de outubro, no Servizo de Patrimonio e Contratación, Avda. Alférez  Provisional 2, 5º andar, 15006 A Coruña.

Tlfno.: 981 080 314. Fax: 981 080 307 Correo electrónico: patrimonio.contratacion@dicoruna.es 

Perfil do contratante: ttp://www.dicoruna.es/licitacion/licitacion/924 

 

A licitación publicouse no Diario Oficial da Unión Europea o pasado día 8 de setembro: http://ted.europa.eu/udl?uri=TED:NOTICE:282994-2011:TEXT:ES:HTML&src=0

© rede XIANA 2009 |  aviso legal