Rede XIANA

Noticias

atrás

04.08.2011

A Deputación da Coruña continuará traballando polo fomento do emprego na provincia en colaboración co Ministerio de Política Territorial e o Fondo Social Europeo.

Aprobado o proxecto REDE XIANA 2 presentado pola Deputación da Coruña á convocatoria 2011 de axudas do Fondo Social Europeo.

O venres 1 de xullo publicouse no Boletín Oficial do Estado, a resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se resolve a convocatoria 2011 de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), durante o período de intervención 2007-2013.

 

A entidade provincial concorreu a esta convocatoria xunto con outros 69 proxectos de outras administracións de diferentes niveis do territorio nacional. Un total de 70 candidaturas, das que tralo proceso de selección 59 resultaron financiables polo FSE, entre elas o proxecto REDE XIANA 2, promovido e deseñado na súa totalidade polo persoal técnico da Unidade de Xestión de Proxectos do Servicio de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea da Deputación da Coruña.

 

O proxecto continuará coa liña de traballo iniciada no 2008 co proxecto REDE XIANA e terá como eixo fundamental o desenvolvemento dun programa de fomento do emprego dirixido a persoas desempregadas da provincia da Coruña.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal