Rede XIANA

Noticias

atrás

22.07.2011

Certificados de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria

Publicados na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar os listados provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso para a acreditación das unidades de competencia.

Por Resolución do 17 de marzo de 2011, a Dirección Xeral de Formación e Colocación realizou a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, en determinadas unidades de competencia da área de Atención Sociosanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Nesta especialidade impartida no marco de REDE XIANA, das 299 persoas participantes, 107 presentaron a solicitude e documentación correspondente para participar neste proceso, resultando admitido o 83,17% deste alumnado.
Trátase de unha oportunidade para as persoas non vinculadas aos sistemas educativos, que aprenderon a través da práctica profesional  e/ou da formación non regulada ou informal e implica que as persoas admitidas que superen as distintas fases, poderán obter unha acreditación oficial mediante a que se recoñecen as súas capacidades, competencias e coñecementos cós correspondentes efectos profesionais (en determinados postos de traballo esíxese esta acreditación para poder desenvolvelos) e/ou académicos permitindo o acceso ao correspondente certificado ou a unha titulación de formación profesional.

http://www.tucertificadodeprofesionalidad.com/static/preguntas-frecuentes-sobre-certificado-profesionalidad.html#validez

© rede XIANA 2009 |  aviso legal