Rede XIANA

Noticias

atrás

19.05.2011

O compromiso coa Responsabilidade Social

A Deputación da Coruña colabora na edición do primeiro boletín da RED RETOS (Red de Territorios Socialmente Responsables) da que forma parte dende o ano 2008.

O artigo publicado pola Deputación da Coruña nesta primeira edición , fai un percorrido polas distintas actuacións postas en marcha en materia de responsabilidade social  dende a entidade provincial.

A maior parte destas medidas foron adoptadas no marco de políticas activas de emprego a través da implementación de diversos programas e proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a propia institución.

No futuro o ente provincial aspira á implementación de accións que incrementen a súa capacidade de integrar a responsabilidade social de xeito transversal no conxunto das súas decisións e accións, tomando en consideración todas as súas dimensións: social, económica e ambiental.

Para máis información, visitar o enlace http://redretos.es/documentacion/publicaciones-2/enredando/

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal