Rede XIANA

Noticias

atrás

10.05.2011

Rede XIANA prorroga o seu período de actividade con novas accións formativas e talleres de empregabilidade

O Ministerio de Política Territorial acorda ampliar o prazo de execución solicitado pola Deputación de A Coruña

A Deputación Provincial de A Coruña contará con nove meses de prórroga para executar novas accións dentro do Proxecto Rede XIANA, tras aprobar o Ministerio de Política Territorial a solicitude de ampliación de prazo.

Durante este período realizaranse, entre outras accións, trece Obradoiros de Empregabilidade para os colectivos en risco de exclusión social participantes en itinerarios 2009 e 2010 e tres cursos de "Operario/a de Almacén" para participantes na formación en Técnicas de Venda, Aproveitamentos Forestais e Panadaría e Bolería.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal