Rede XIANA

Noticias

atrás

25.02.2011

A vindeira semana dan comezo os tres cursos de creación de empresa Rede Xiana 2010

O alumnado foi seleccionado das accións formativas impartidas en 2010 previa presentación dun plan de empresa

Ó longo da próxima semana inauguraranse as tres edicións do curso de Creación de Empresas, no que participarán un total de 36 persoas seleccionadas previa presentación dun plan de emprendemento que poderán desenvolver ó longo de 150 horas de formación específica.

Os plans de empresa seleccionados abranguen un amplo abano de actividades, destacando as iniciativas nos ámbitos agro-forestal, enerxías renovables, hostelería, comercio e novas tecnoloxías.

A maior parte da formación realizarase a distancia, a través da rede ou de consulta telefónica, contando con dúas xornadas presenciais (a de inauguración e a de peche) e con titorías presenciais.

Para a mellor accesibilidade dos participantes formáronse tres áreas de traballo e seleccionouse unha localidade en cada unha na que se desenvolverán as sesións presenciais, como se pode ver na seguinte táboa:

ÁREA DE TRABALLO

Ames, Negreira, Boiro, Padrón, Vimianzo

Ordes, Oroso

San Sadurniño, Ares, Neda, Abegondo, Sada, Paderne, Teixeiro, Melide

SEDE

NEGREIRA

OROSO

A CORUÑA

Xornada de presentación

04.03.2011

01.03.2011

28.02.2011

Sesións de titoría

11.03.2011

24.03.2011

08.04.2011

10.03.2011

22.03.2011

05.04.2011

07.03.2011

21.03.2011

04.04.2011

Xornadas de clausura

15.04.2011

18.04.2011

13.04.2011

14.04.2011

11.04.2011

12.04.2011

 

 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal