Rede XIANA

Noticias

atrás

23.02.2011

I Congreso de Desenvolvemento Local

A Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (AFIPRODEL) e a Universidade da Coruña, organizan o I Congreso M.O.D.E.L.O (Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local)

O congreso, no que tamén colabora e cofinancia a Deputación da Coruña, está dirixido a: Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, empresariado e emprendedores/as, estudantes e persoal docente de ensino superior, concellos e administracións públicas, tecido asociativo e outras persoas interesadas.

Artéllase en dous eixos:

Eixo 1: A profesión de Axentes de Desenvolvemento Local, ferramentas de traballo e marco global no que se desenvolven as súas funcións.

Eixo 2: Experiencias e iniciativas novidosas  e exemplares desenvolvidas por axentes e entidades públicas e privadas que aproveitan os recursos e oportunidades dun territorio.

O Congreso terá lugar o 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo e o 1 e 2 de abril na Casa da Cultura do Concello de Corcubión.

As prazas son limitadas e o prazo de inscripción remata o 20 de marzo.

Pode descargarse o folleto do congreso na sección de eventos de interese da nosa páxina web.

Para máis información e inscripción: http://congreso.afiprodel.org

Secretaría de alumnado Congreso M.O.D.E.L.O:

Isabel Agra

Tfno: 625 100 548

Horario: 9:00 a 13:00 horas

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal