Rede XIANA

Noticias

atrás

23.02.2011

Convocatoria 2011 do Fondo Social Europeo

Hoxe publícase no Boletín Oficial do Estado, a nova convocatoria do Fondo Social Europeo, enmarcada no Programa Operativo "Adaptabilidade e Emprego"

A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, aprobou por resolución de 18 de febreiro de 2011, as bases para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo para o período de intervención 2007-2013.

Ó igual que na convocatoria anterior (2007) pola que se aprobou o proxecto REDE XIANA, o obxecto desta nova convocatoria consiste na concesión de axudas do Fondo Social Europeo a proxectos que fomenten pactos, redes, asociacións e apoio ás iniciativas locais para o emprego e a inclusión social, tendo en conta a perspectiva de xénero.

Tampouco hai variacións con respecto ás persoas destinatarias das actividades dos proxectos, xa que deberán ser persoas desempregadas que estén inscritas como demandantes de emprego no servizo público de emprego correspondente.

A Comisión de Valoración encargada de seleccionar as distintas candidaturas que se presenten, dará prioridade a proxectos que ademáis da posta en marcha de itinerarios formativos de inserción laboral dirixidos á mellora do emprego dos colectivos demandantes, poñan en marcha actividades conducentes á formulación, posta en marcha e execución de pactos locais polo emprego.

Para obter máis información da convocatoria, visitar a sección de documentos de interese da nosa páxina web.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal