Rede XIANA

Noticias

atrás

10.02.2011

Inicio dos cursos de apoio á obtención do carné de conducir

Formación complementaria para as persoas beneficiarias do proxecto

O 7 de xaneiro rematou o prazo para a inscripción nas accións formativas para a obtención do carné de conducir tipo B dirixidas ás  persoas participantes en algunha das accións formativas 2010 do proxecto Rede Xiana e que completaran a fase de formación teórica e práctica, ou ben non a completaran por inserción laboral.

Está prevista a realización de 3 cursos que se impartirán en autoescolas da Coruña, Ferrol e Santiago.

O próximo 15 de febreiro comenzan en Ferrol e Santiago, mentres que a data de inicio do curso que se desenvolverá na  Coruña está por concretar.

A inserción laboral das persoas desempregadas con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral, é o obxectivo último do proxecto, polo que ademáis da formación específica en sectores emerxentes e con potencial dende a perspectiva dos xacementos de emprego locais, o proxecto contempla a impartición de formación complementaria que contribúa a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes.

Os cursos de apoio á obtención do carné de conducir, enmárcanse nesta oferta formativa complementaria, xa que aportan un valor engadido de cara á consecución dun emprego por parte dos/as beneficiarios/as ampliando a súa capacidade de  movilidade xeográfica, e polo tanto, as oportunidades de insertarse laboralmente.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal