Rede XIANA

Noticias

atrás

10.02.2011

Xestión transparente e de calidade do proxecto

Certificación de calidade conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008

O sistema de xestión de calidade conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008, a través do que se xestiona o proxecto Rede Xiana, obtivo unha avaliación conforme na segunda auditoría de seguemento realizada por AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación), entidade certificadora de referencia en España e de recoñecido prestixio pola súa independencia e criterio.

Deste xeito, o proxecto mantén o certificado de calidade acadado para o desenvolvemento das distintas accións levadas a cabo dende o proxecto.

Isto supón sen dúbida, un aval de calidade co que conta a Deputación da Coruña na xestión e execución desta  iniciativa de fomento do emprego no ámbito local, o que  se traduce nunha maior satisfacción da poboación á que vai dirixida e no compromiso e responsabilidade da entidade provincial na utilización eficiente dos recursos públicos.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal