Rede XIANA

Noticias

atrás

05.11.2010

Alumnos de Rede Xiana participan na montaxe da instalación eléctrica dun submarino

Están a realizar o período de prácticas da acción formativa de enerxía fotovoltaica

 

Cinco alumnos da acción formativa Enerxía Fotovoltaica, pertencente á programación de Rede Xiana 2010, están participando na instalación dos cadros eléctricos dun submarino para a Mariña francesa.

Os alumnos están en período de prácticas na empresa Elinsa - A Coruña, que suscribiu un acordo de colaboración coa Diputación de A Coruña para facilitar formación práctica a alumnado de proxectos cofinanciados polo
Fondo Social Europeo. Esta colaboración remóntase ó ano 2006, co proxecto Proximitas Plus, financiado  pola Subvención Global do FSE, que fructificou na contratación dun alumno do citado proxecto, que se mantén na plantilla de Elinsa na actualidade.

 Elinsa, na súa sé de A Coruña, dedícase ó deseño e montaxe de sistemas eléctricos de enerxías renovables (eólica e fotovoltaica) e experimenta con novas aplicacións enerxéticas como a utilización de baterías que acumulan  a enerxía producida polo movemento da auga.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal