Rede XIANA

Noticias

atrás

19.10.2010

Prácticas non laborais en empresas

O alumnado Rede XIANA inicia o período de 200 horas de formación práctica

Dende o pasado 18 de outubro 94 alumnas e alumnos das accións formativas de Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas e de Instalacións Solares Fotovoltaicas inician a fase de formación práctica en empresas. Moitas das empresas colaboradoras son as responsables das obras, instalacións e posta en marcha do equipamento para a mellora da eficiencia enerxética dos concellos de A Coruña con cargo ao Proxecto “PEACE” promovido pola deputación provincial, e responsables tamén das actuacións de promoción da enerxía solar en dependencias municipais incluídas no Proxecto “Promoción das enerxías renovables” desenvolvido pola propia deputación provincial e o Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal