Rede XIANA

Noticias

atrás

15.06.2010

Inicio das Accións Formativas 2010

Inaugúranse en distintos concellos da provincia da Coruña as Accións Formativas previstas no proxecto Rede Xiana para a anualidade 2010

18 concellos da provincia iniciaron onte nas súas instalacións 4 modalidades de accións formativas das 6 previstas no proxecto para esta anualidade. Á inauguración asistiron ademáis do persoal docente e o alumnado, representantes dos propios concellos e da Deputación da Coruña, promotora desta iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Os cursos postos en marcha son:

  • MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS nos concellos de Cariño, Ordes e Ames.
  • MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES FOTOVOLTAICAS nos concellos de Cedeira, Oza dos Ríos e Dodro.
  • APROVEITAMENTOS FORESTAIS  en San Sadurniño, Negreira e Touro.
  • PANADARÍA E BOLARÍA en Cerdido, Pontedeume, Carral, Toques, Rois e Carballo.
  • ACTIVIDADES DE VENDA en Cambre, Dumbría e Noia.

 Estas accións formativas serán completadas respectivamente con un curso de Preparación para o Exame de Obtención do Certificado de Profesionalidade no que se capacitará e orientará a aquelas persoas participantes que desexen optar ao certificado de profesionalidade correspondente ó curso realizado.

A programación formativa pecharase no primeiro trimestre do 2011, coa realización de 3 cursos de Creación de Empresas en Vilarmaior, Santiso e Zas.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal