Rede XIANA

Noticias

atrás

03.03.2010

Presentación de Sedes para Rede Xiana 2010

Dende o 22 de febreiro e ata o 8 de marzo, os concellos poden presentar a súas candidaturas para ser sede das diferentes accións formativas da anualidade 2010 do proxecto.

Valoraranse, xunto á dispoñibilidade de centros e características das instalaciones que deben cumprir coa normativa industrial e hixiénico sanitaria correspondente a cada acción de formación e responder ás medidas de accesibilidade universal e de seguridade, o axuste á oferta-demanda de emprego da zona e as futuras posibilidades de inserción laboral das persoas participantes

Equipamiento xeral, luz natural, climatización, dimensións mínimas así como as instalacións específicas para o desenvolvemento das accións formativas serán valorados e verificados polo equipo técnico do proxecto para a inclusión do concello como sede para o 2010.

Actualización (11/03/2010):

O luns 8 de marzo rematou o prazo para que os concellos interesados en impartir estes cursos entregasen a súa solicitude. Neste tempo 36 concellos da provincia da Coruña presentaron 80 candidaturas.

A Deputación valorará entre outros aspectos, as instalacións ofertadas por cada un deles e o equipo técnico responsable da execución do proxecto visitará as futuras sedes dos cursos para verificar que efectivamente cumpren con todos os requisitos esixidos.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de concellos sede e os cursos que se impartirán en cada un deles ao longo do 2010, abrirase o prazo para que as persoas interesadas en participar como beneficiarias desta formación, poidan inscribirse e participar no proceso de selección.

 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal