Rede XIANA

Noticias

atrás

23.02.2010

Arranca Rede Xiana 2010

O proxecto Rede Xiana inicia esta anualidade 2010 con un novo catálogo de accións formativas e avances para a xestión da rede de traballo intraprovincial creada para o seu desenvolvemento.

Momento da xornada

Momento da xornada

Esta rede está composta por persoal técnico da Deputación e persoal técnico municipal dos 90 concellos que participan no proxecto e que traballan conxuntamente para mellorar os niveis de inserción laboral das persoas desempregadas do ámbito da provincia da Coruña.

O pasado venres 19 de febreiro tivo lugar na entidade provincial, a primeira reunión de coordinación desta rede na anualidade 2010. A  xornada centrouse na análise da accións desenvolvidas no 2009 e os resultados acadados, así coma o seguemento e avaliación dos puntos fortes do proxecto como son o Servizo de Asesoramento Laboral, o Sistema de Xestión da Calidade e o Observatorio Sociolaboral.

Afrontáronse ademáis novos retos para o ano 2010, e acordáronse as actuacións a levar a cabo para a implementación das novas accións formativas para este ano, concretando así os criterios para a selección dos concellos nos que se van desenvolver e as persoas que se beneficiarán desta formación.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal