Rede XIANA

Noticias

atrás

13.02.2010

Accións formativas de apoio á obtención do carné de conducir tipo B

Serán tres accións de formación para a obtención do carné de conducir destinadas a 54 persoas desempregadas.

Con cargo ó Programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” do Fondo Social Europeo, vanse levar a cabo tres accións de formación para a obtención do carné de conducir destinadas a 54 persoas desempregadas e beneficiarias dalgunha das accións formativas do proxecto que completaran ésta, tanto na fase teórica como na práctica, ou non a completara por inserción laboral.

O luns día 15 de febreiro, ás 10:00 h. Iniciaranse en autoescolas da Coruña, Santiago e Ferrol as 200 horas de formación teórica complementadas con 100 prácticas de condución e circulación. Formación en condución, circulación e seguridade viaria, mecánica e mantenemento simple do automóbil, información e orientación para a inserción laboral e o acceso a postos de traballo relacionados coa condución, seguridade e economía da condución, serán algúns dos módulos que faciliten a obtención do carné de conducir.

Na actualidade, a posesión deste permiso é necesaria para a inserción no mundo laboral,  especialmente entre persoas residentes en zonas rurais, xa que a maioría dos postos de traballo non se sitúan nos lugares de residencia e implican desprazamentos non cubertos aínda por medios de transporte colectivo.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal