Rede XIANA

Noticias

atrás

16.04.2009

A Deputación da Coruña presenta a nova web e intranet do proxecto Rede Xiana

Unha vez máis, a Deputación da Coruña aposta por medidas que garantan a igualdade da poboación, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos.

Neste sentido o proxecto Rede Xiana parte da liña de traballo previa a favor do fomento de iniciativas que respondan a necesidades locais xeradoras de emprego,  no marco da nova convocatoria do Ministerio de Administracións Públicas en relación co FSE, tomando como referencia a experiencia adquirida a través dos proxectos financiados con cargo á Subvención Global do FSE no período 2000-2006 (Inserta, Insertamos, Proximitas, ProximitasPlus) e a Iniciativa Comunitaria Equal.

Participan no proxecto Rede Xiana todos os municipios da provincia da Coruña excepto aqueles que contan con máis de 50.000 habitantes (A Coruña, Ferrol e Santiago) e o concello de As Somozas. 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal