Rede XIANA

Itinerarios

Deseñáronse 4 grandes Itinerarios formativos:

1. Formación en Servizos Sociosanitarios á Comunidade:
Co obxectivo de cubrir as necesidades asistenciais detectadas na prestación de servizos a determinados colectivos e derivadas da caracterización sociodemográfica da provincia da Coruña, poñeranse en marcha  cursos de Axuda a domicilio  e outros cursos especializados (Asistencia a persoas enfermas de Alzheimer, Atención a persoas con discapacidade, Monitores/as de tempo libre infantil e xuvenil.) Tamén se facilitará a preparación para a obtención  do certificado de profesionalidade neste ámbito.

2. Formación na área de Medio Ambiente: 
Contémplase formación a través da potenciación dos recursos endóxenos do territorio ligados  coa sostenibilidade medioambiental e a mellora da calidade de vida, nun intento tamén de atender ás necesidades de profesionais que den resposta ós compromisos existentes a nivel europeo co aumento do uso de enerxías renovables, así como á falta de profesionais cualificados que poidan realizar labores de coidado de zonas verdes tanto en zonas rurais como urbanas.

3. Formación na área de Actividades de comercio:
Diversos estudos amosan a alta ocupabilidade que experimentan os postos relacionados coas actividades comerciais polo que se implementan accións formativas relacionadas con este ámbito e dirixidas sobre todo as persoas menores de 25 anos.

4. Formación na área de Actividades da industria alimentaria:
Igual que no itinerario anterior, as accións formativas previstas nesta área, clasifícanse como actividades laborais que contan cunha grande demanda.


COMPLEMENTOS FORMATIVOS

  • Fomento do autoemprego “Creación de Empresas”
  • Obtención do permiso de condución
  • Preparación das probas para a obtención do certificado de profesionalidade.

FORMACIÓN  TRANSVERSAL 

  • Igualdade de Oportunidades
  • Sensibilización Ambiental
  • Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación
  • Habilidades Comunicativas
  • Manipulación de Alimentos
  • Prevención de Riscos Laborais

© rede XIANA 2009 |  aviso legal