Rede XIANA

Liñas de acción

1. Rede de Persoal Técnico Municipal
Rede Xiana estrutura o tecido intraprovincial creado en anteriores proxectos de Subvención Global da que forman parte todos os concellos adheridos ao proxecto, axentes políticos, económicos e sociais, así como máis de 400 entidades colaboradoras de toda a provincia da Coruña, coa finalidade de, non só facilitar e apoiar a capacitación das persoas desempregadas e en risco de exclusión social, senón incrementar as súas posibilidades de inserción laboral e mellorar a súa calidade de vida.

Por outra banda, traballarase tamén na consolidación dun espazo socialmente responsable a nivel provincial partindo dunha nova forma de entender o local, implicando á administración, empresas, axentes sociais e entidades cidadás ou sociedade civil na necesidade de poñer en marcha medidas que fomenten a responsabilidade social dende todos os niveis, en consoancia coa Red de Territorios Socialmente Responsables “RED RETOS” da que a Deputación da Coruña forma parte dende o ano 2008 xunto con outras entidades a nivel nacional e comprometidas co fomento de prácticas responsables para acadar unha transformación económica, social e cultural dos territorios usando como forza de cambio a Responsabilidade Social (RS).

Os outros mecanismos e instrumentos a desenvolver no proxecto Rede Xiana (Sistema de Xestión da Calidade; Plan de Información, Comunicación e Difusión; Servizo de Asesoramento Laboral) servirán de canle para a posta en marcha destas accións de xeito que se contribúa así aos logros en materia de Responsabilidade Social marcados pola Red RETOS de Territorios Socialmente Responsables.

2. Sistema de Xestión da Calidade a nivel integral (S.X.C.)
Politica de calidade asinada no marco deste proxecto, no que se asume a responsabilidade e o compromiso de implantar un sistema de acordo cos requisitos da norma UNE EN ISO 9001:2008.

A calidade sempre foi unha prioridade nos proxectos de Subvención Global xestionados pola Deputación Provincial da Coruña. Xa no ano 2003 o proxecto Proximitas contou co certificado de calidade outorgado por AENOR conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2000 para o Itinerario Personalizado de Inserción Sociolaboral, manténdose a certificación para o Servizo de Asesoramento Laboral posto en marcha no ProximitasPlus (convocatoria 2005).

3. Observatorio Socioeconómico
Sistema de recollida de información, diagnose e seguemento da realidade empresarial e laboral que contribúa á mellora continua dos itinerarios de formación sociolaboral para adaptalos ó estado e necesidades actuais do mercado laboral e a estructura social.

4. Servizo de Acompañamento Sociolaboral (S.A.L.)
Ferramenta de reforzo contra a situación das persoas desempregadas e en risco de exclusión social, cuxo obxecto é dar resposta á necesidade de mellorar as súas perspectivas de integración a través dun servizo personalizado e especializado de inserción laboral. Artéllase a través de 13 Axentes de Inserción Laboral establecidos en cada unha das zonas de execución do proxecto que acompañarán a esas persoas na busca activa de emprego, prestando tamén asesoramento a potenciais emprendedores/as e realizando tarefas de intermediación laboral para coñecer as demandas do sector empresarial. O seu labor consiste principalmente en que as persoas beneficiarias rentabilicen os recursos postos á súa disposición a través do proxecto.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal