Rede XIANA

Persoas beneficiarias

Poderán inscribirse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a. Estar desempregado/a e inscrito na Oficina de Emprego correspondente coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.

b. Ter cumpridos 18 anos de idade.

c. Estar empadroado/a nalgún dos concellos adheridos ao proxecto.

d. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

- Xóvenes menores de 30 anos.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Parados/as de longa duración (máis de 2 anos en situación de desemprego)
- Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.
- Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non suponía ningún impedimento físico ou psíquico que lle implida o normal desenvolvemento do curso e da profesión á que vai asociada a formación)
- Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
- Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex toxicómanos ou ex reclusos.
- Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade.
- Xóvenes que non superasen a ensinanza obrigatoria.
- Coidadores/as non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia.

e. En función dos cursos nos que desexe inscribirse, cumprir cos requisitos de formación para cada unha das accións formativas, tal e como se especifica na táboa que se amosa:

REQUISITOS PARA CADA ACCIÓN FORMATIVA

 

ACCIÓN FORMATIVA

REQUISITOS FORMACIÓN

Montaxe e mantemento de Instalacións Solares Térmicas

Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria ou nivel de coñecementos equivalentes. Deberase demostrar ou acreditar un nivel de competencia en: Comunicación en lingua castelá, competencia matemátivas, competencias en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital.

Montaxe e mantemento de Instalacións Solares Fotovoltaicas

Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria ou nivel de coñecementos equivalentes. Deberase demostrar ou acreditar un nivel de competencia en: comunicación en lingua castelá, competencia matemática, competencias en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital.

Aproveitamentos Forestais

Ciclos Formativos de Grado Medio da LOGSE ou a formación profesional de primeiro grao (FP1). Deberase demostrar ou acreditar un nivel de competencia en: comunicación en lingua castelá, competencia matemática, competencias en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital. Permiso de conducció: tipo B.

Actividades de Venta

Ciclos Formativos de Grado Medio da LOGSE ou a formación profesional de primeiro grao (FP1). Deberase demostrar ou acreditar un nivel de competencia en: comunicación en lingua castelá. Competencia matemática, competencias en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital.

Panadería e Bolaría

Ciclos Formativos de Grado Medio da LOGSE ou a formación profesional de primeiro grao (FP1). Deberase demostrar ou acreditar un nivel de competencia en: comunicación en lingua castelá. Competencia matemática, competencias en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital.

Creación de Empresas

Alumnado que complete as accións formativas (teórica e práctica) organizadas polo proxecto

Apoio á obtención do permiso de conducir tipo B

Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel de coñecementos similar

Nivel profesional ou técnico: non require experiencia profesional

Condicións físicas: reunir as aptitudes psicofísicas requeridas en relación coa clase de permiso e que permitan a superación do test psicotécnico.

Apoio á obtención do Certificado de Profesionalidade

Alumnado que completara accións formativas nas súas fases teórica e práctica, que teñan certificada a profesionalidade na súa totalidade ou en algunha unidade de competencia, organizadas polo proxecto.

 

* En casos excepcionais e razoados, permitirase a admisión de alumnado con un perfil de formación académica diferente si non existen solicitudes de potenciais beneficiarios/as que cumpran o perfil esixido.


© rede XIANA 2009 |  aviso legal